Elabórase un inventario dos Equinodermos (Echinodermata) das costas de Galicia, coas citas extraídas da bibliografía e tamén cos nosos propios datos. A superficie inventariada corresponde ás zonas litoral e batial, situando para esta última o seu límite inferior nos 3000 metros de profundidade. Catalogánse un total de 137 especies.